Santiago de Compostela. Las ONG galllegas presentan la campaña


Detalles

  • Fecha: 21 de Abril de 2008
  • Hora: 11:30 horas.
  • Lugar: Clube Internacional de Prensa (Avenida de A Coruña, nº 6, Baixo- Santiago de Compostela)
O vindeiro luns día 21 de abril en Santiago, ás 11:30 horas, na Sede do Clube Internacional de Prensa, representantes de varias ONG’s galegas presentarán a campaña que cada ano leva a cabo o sector solidario para concienciar aos contribuíntes sobre a necesidade de que marquen a casilla de Fins Sociais na súa declaración da renda. Deste xeito, COGAMI, a FAXPG, a Fundación Secretariado Gitano, COCEDER, Preescolar na Casa, a Asociación Española contra el Cáncer, e a Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento únense para reforzar a información dirixida á cidadanía e lograr que siga aumentando o número de contribuíntes que apostan por esta opción. En só catro anos, o número de contribuíntes solidarios creceu case en un millón. Gracias a eles, 340 entidades de toda España executan cada ano case 900 programas sociais. As provincias galegas sitúanse na media nacional no que a recadación se refire.

Ver listado de eventos | página principal


Logo Plataforma de ONGs de accsión social Logo Plataforma del Voluntariado de España Logo Plataforma de la Infancia
Colaboran:
eCliente La Sexta Contrapunto